O Club de Loita Sabarís logra 14 medallas no Campionato Galego sénior e cadete

Este sábado celebrouse o Campionato Galego de Loita Libre Olímpica e Grecorromana para as categorías sénior e cadete en Ourense. O Club de Loita Sabarís desprazou a 8 deportistas, conseguindo un total de 14 medallas, 4 de ouro, 9 de prata e 1 de bronce.

Na categoría cadete Anxo Lomba logrou o ouro en Loita Grecorromana e a prata en Libre Olímpica 41 kg; Breixo Martínez fíxose co ouro en Loita Libre e coa prata en Grecorromana 60 kg; Lois Cabrera conseguiu unha medalla de ouro en Loita Grecorromana e outra de prata en Loita Libre Olímpica 60 kg; e Jesús Forcao levou a prata tanto en Libre Olímpica como en Grecorromana 90 kg.

Na categoría sénior participaron David Gonzáléz, ouro en Loita Grecorromana 61 kg e prata en Loita Libre Olímpica 60 kg; Omar Rodríguez, prata en Loita Libre 74 kg e Loita Grecorromana 79 kg; Cristian Suárez, bronce en Loita Grecorromana 79 kg e prata en Loita Libre 77 kg; e Diego Otero, que non conseguiu medalla.

Ademais, o Club de Loita Sabarís logrou o terceiro posto por equipos na categoría cadete, tanto en loita libre como loita grecorromana. En sénior, o cuarto posto por equipos en ambas as modalidades.

2020-02-23 - WhatsApp Image 2020-02-23 at 12.43.41

Anuncios