Podemos considera que a liña circular ao Val Miñor anunciada pola Xunta non é práctica

Desde o Círculo Podemos Baiona consideran que a nova liña e ruta circular ao Val Miñor anunciada recentemente pola Xunta non é practica, xa que a veciñanza de Baiona xa dispón de rutas máis rápidas e con máis frecuencia a Nigrán (ambas direccións dende Baiona-Nigrán e volvendo dende Nigrán ata Baiona, nas liñas que veñen de Vigo) nin dá solucións a todas as parroquias e destinos.

Esta nova liña, aínda que si permitirá viaxar a zonas ás que hoxe no é posible ir no transporte público dende Baiona (Porto do molle, A Xunqueira, Gondomar centro é IES Proval) a práctica, polas súas frecuencias e sendo estas unidireccionais, consideran que será pouco efectiva.

Botan tamén de menos (como así o expuxeron nas alegacións presentadas á Xunta), as conexións con hospitais, polígono da Paxase, Universidade de Vigo, etc. Ademais, tampouco se tivo en conta que a cidadanía demanda autobuses de plataforma baixa adaptada, considerando a medida discriminatoria para veciños e veciñas non só fisicamente, senón por negar o servizo a parroquias como Baíña e Belesar, polas que non pasará esta nova ruta.

Con todo isto, o Círculo Podemos Baiona considera que o novo Plan de Transporte Público de Galicia 2020 ao que Val Miñor refírese, segue sendo deficiente e discriminatorio. “Estamos xa en período de eleccións á Xunta de Galicia e o que puido ser solución ao transporte na comarca (pola présa de Feijóo), quedará nun parche que cremos pouco vai solucionar os desprazamentos e en definitiva a vida da xente en Baiona e no Val Miñor”, conclúen.