A Deputación achegará a Nigrán 225.000 € para contratar a 22 persoas desempregadas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres a quinta relación da Liña 3 do Plan Concellos 2020. En concreto esta nova concesión de subvencións estará dotada de 1.349.376,84 euros para que Cambados, Campo Lameiro, Forcarei, A Lama, Meis, Nigrán, Salceda de Caselas, Soutomaior e Tui poidan contratar a un total de 133 traballadoras e traballadores municipais. No caso de Nigrán, recibirá 224.795,72 euros para empregar a 22 persoas, 2 oficiais de albanelería, 17 peóns forestais e 3 conserxes. A selección deste persoal faise, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020.

Anuncios