Tres vitorias, un empate e unha derrota para o Laroca na cuarta xornada da liga galega de xadrez

O pasado sábado celebrouse a cuarta xornada da liga galega de xadrez, con tres vitorias, un empatr e unha derrota para o Club de Xadrez Laroca.

Na primeira división o Laroca A impúxose no seu desprazamento a Rúa de Petín ao Xadrez Valdeorras por 1,5-2,5, tantos conseguidos grazas ás vitorias de Artai e Sergio e as táboas de Tino. Con este resultado os laroqueiros consolídanse na quinta posición da clasificación a dous puntos do líder e a cinco dos postos de descenso.

Na segunda división resultados dispares dos representantes na categoría. O Laroca B caía derrotado na sede de Mallón ante o Chiringo Contos Tui por 0,5-3,5. O medio punto dos laroqueiros foi conseguido por Agustín. Con este resultado os miñoráns sitúanse na quinta posición. O outro representante o Laroca Mallón-IES Auga da Laxe impúxose no seu desprazamento a Mos ao Club Xadrez Mos C por 1-3, tantos conseguidos por Mauro, Ricardo e Jorge. Con este resultado sitúase no cuarto posto da clasificación.

Na terceira división vitoria para o Laroca C por 4-0 ao Xadrez Mos H, puntos conseguidos por Antonio, Dani, Araujo e Alberto. Con este resultado sitúase na segunda posición da clasificación. O outro representante, o Laroca D, empatou a dous no seu desprazamento a Vigo para enfrontarse ao Lucena feminino, puntos conseguidos por Sebas e Hugo. Os laroqueiros ocupan a cuarta posición da clasificación.

A vindeira fin de sema suspéndese a liga por mor da disputa dos campionatos galegos nas categorías sub 14 e sub 18, en Padrón, na que o Xadrez Laroca desprazará catro representantes na categoría de sub 18.

Anuncios