O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “Pierrot le Fou”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen mañá xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “Pierrot le Fou” (1965) en versión orixinal subtitulada ao castelán. Trátase dunha longametraxe francesa de 1965 dirigida por Jean-Luc Godard (un dos máximos expoñentes da nouvelle vague) e protagonizada por Anna Karina e Jean-Paul Belmondo, baseada na novela de Lionel White. Ferdinand Griffon, alias “Pierrot”, foxe de París con Marianne, a aia que contratou a súa esposa. A parella diríxese ao sur de Francia, pero a viaxe tórnase moi perigosa cando unha banda de gángsters cos que Marianne está relacionada, lles vai pisando os talóns.