Podemos Nigrán insta ao Concello mediante unha moción a cumprir coa emerxencia climática

Podemos Nigrán considera que os montes son un tesouro que debemos coidar, os incendios e a deforestación provocan unha degradación da paisaxe, do solo e o medio ambiente. Tallar árbores sen unha eficiente repoboación resulta un serio dano ao hábitat, en perda de biodiversidade e en aridez e ten un impacto adverso na fixación de dióxido de carbono (CO2). A talla de árbores pode provocar a perda do hábitat de especies animais, o que pode danar aos ecosistemas.

Instan ao Concello a que tras a aprobación da Emerxencia Climática, se comece a poñer en práctica o acordado, especialmente os seguintes puntos en canto á reforestación e coidado dos montes se refire: apoiar a xestión dos montes comunais enfocada á recuperación da terra fértil e o freo da erosión e determinar apoios e beneficios fiscais para a repoboación.

As propostas que o Círculo achega na súa moción presentada esta mañá son cumprir coa proposta de Emerxencia Climática, regular e establecer condicións para que o tallado sexa repoboado con especies autóctonas e realizar un estudo dos lugares nos que se atopan especies invasoras.

Anuncios