Unha liña de autobús circular unirá os tres municipios do Val Miñor

A Xunta vén de incluír no Plan de Transporte Público de Galicia 2020 unha das principais alegacións do Concello de Nigrán e que fora consensuada tamén cos rexedores de Baiona e Gondomar. Trátase da creación dunha liña circular que una os tres municipios, cuestión finalmente aceptada. Este percorrido de 1 hora de duración parte do centro de saúde de Baiona e prosigue cara o mercado de Sabarís, centro da Ramallosa, ambulatorio de A Xunqueira, Panxón, Casa do Concello de Nigrán, Porto do Molle, Vilaza, estación de autobuses de Gondomar e IES Proval. Continúa cara Baredo (Baiona) para regresar polo IES 1º de Marzo ao punto de partida. As saídas serán ás 6:45, 7:30, 13:15, 14:15 e 21:15.

Anuncios