Últimos días para reclamar polas interferencias do 4G na TDT de Baiona

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Baiona informa que o vindeiro 29 de febreiro finaliza o servizo LLega800 para dar solución ás afectacións do servizo de telefonía móbil de 4ª xeración (4G na banda de 800MHz), que pode producir afectacións na recepción da televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións de telefonía non afecte á TDT, a entidade Llega800 leva a cabo actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios e usuarias de TDT. Estas actuacións son de balde para á veciñanza afectada.

Esta nova data é debida a que se están a dar de alta novas estacións base de telefonía móbil no concello. Para atender no centro de atención e poder resolver incidencias, a veciñanza terá que chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999.

Anuncios