Sin categoría

Nigrán organiza un novo roteiro do programa de maiores “Coñecendo a pé a nosa contorna”

O Concello de Nigrán retoma este venres 14 de febreiro o programa municipal destinado a maiores “Coñecendo a pé a nosa contorna”, consistindo nesta ocasión nunha andaina polos pazos de Nigrán a Camos. As persoas que desexen participar deben acudir ás 9:30 á parada de taxis de A Ramallosa para coller un autobús gratuíto que os levará á Capela das Angustias, o punto inicial. O roteiro inclúe visita ao Pazo de Urzáiz, Cea, Abacial, Igrexa de San Fiz e Pazo da Touza, finalizando cun café en Kopena, onde agarda novamente o autobús que levará aos participantes de volta a Ramallosa. Non é preciso inscrición previa. O obxectivo deste novo programa de lecer deseñado para a xente de idade é promover o exercicio físico e a socialización, dúas cuestións fundamentais para manter unha vida saudable.