Nigrán recompila entre a veciñanza material cinéfilo para unha exposición sobre salas da provincia

O Concello de Nigrán recompila entre a veciñanza material vinculado ao cine (carteis, folletos, imaxes antigas onde se vexa o cine…) co fin de colaborar cunha futura exposición da Deputación sobre as salas da provincia. As persoas que desexen colaborar poden achegar á Oficina de Información Cidadá do Concello o material, que será escaneado e devolto ao momento.