A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, ACEBA, pon en marcha a campaña de San Valentín, que se realizará desde o 8 ata o 16 de febreiro, ambos os dous días incluídos. Os locais asociados dispoñerán dun pasaporte que poñerán ao dispor dos seus clientes e que terán que selar en tres establecementos asociados á devandita campaña. Sortearanse un total de 1.000€ repartidos en vales desde os 20€ ata o premio maior de 300€, os cales se poderán gastar nos comercios asociados. Os pasaportes poderanse depositar na caixa de correos instalada en Elduayen esquina Carabela Pinta para tal evento. Poderanse introducir os pasaportes ata o 16 de febreiro. O sorteo realizarase en días posteriores no Salón de Plenos do Concello de Baiona.
ACEBA lanza a campaña de San Valentín para promover o comercio en Baiona

