Últimos días para inscribirse no X Campionato de Natación Escolar do Val Miñor

O vindeiro domingo día 16 de febreiro a Concellería de Deportes de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Mancomunidade do Val Miñor e Serviocio organiza na Piscina da Ramallosa a décima edición do Campionato de Natación Escolar do Val Miñor. As categorías participantes son Pre Benxamín Mixto (12-13), Benxamín Mixto (10-11), Alevín Mixto (08-09) e Infantil Mixto (06-07).

Realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter aos mellores 6 tempos de todas elas, para posteriormente realizar a final na devandita proba. As probas son de carácter mixto e as saídas a cada unha delas realizaranse desde o interior do vaso (non salto). As probas son 25 metros croll e 25 metros costas para Prebenxamíns, 25 metros croll e 25 metros costas para Benxamíns, 50 metros croll e 50 metros costas para Alevíns e 50 metros croll e 50 metros costas para Infantís.

A organización, que conta coa colaboración de Protección Civil Val Miñor, entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro da marca Arena por participar.

As inscricións permanecerán abertas ata o mércores 12 de febreiro, podendo realizarse as mesmas a través do correo deportes@baiona.org, chamando por teléfono ao 986 356 558 ou directamente no Pavillón Municipal.

HORARIO CLASIFICATORIAS HORARIO FINAIS
10.00 H 50 COSTAS INFANTIL 12.15 H 50 COSTAS INFANTIL
10.15 H 50 COSTAS ALEVÍN 12.20 H 50 COSTAS ALEVÍN
10.30 H 50 CROLL INFANTIL 12.25 H 50 CROLL INFANTIL
10.45 H 50 CROLL ALEVÍN 12.30 H 50 CROLL ALEVÍN
11.00 H 25 COSTAS BENXAMÍN 12.35 H 25 COSTAS BENXAMÍN
11.30 H 25 COSTAS PREBENXAMÍN 12.40 H 25 COSTAS PREBENXAMÍN
11.45 H 25 CROLL BENXAMÍN 12.45 H 25 CROLL BENXAMÍN
12.00 H 25 CROLL PREBENXAMÍN 12.50 H 25 CROLL PREBENXAMÍN

13.00 H ENTREGA DE MEDALLAS E SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS PARTICIPANTES

Anuncios