Porto do Molle acolle o II Dúatlon Escolar de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Dúatlon en Porto do Molle.

O Club Triatlón Mar de Vigo, o Concello de Nigrán e a Federación Galega de Tríatlon organizan este domingo día 9 de febreiro o II Dúatlon Escolar. As probas comezarán ás 10:45 da mañá cun total de 140 atletas inscritos de diferentes clubs da provincia, repartidos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

A categoría benxamín deberá completar 500 metros de carreira a pé (2 voltas), 2 quilómetros en bicicleta (1 volta) e 250 metros de carreira a pé (1 volta), a categoría alevín 1 quilómetro de carreira a pé (2 voltas), 4 quilómetros en bicicleta (2 voltas) e 500 metros de carreira a pé (1 volta), a categoría infantil 1,5 quilómetros de carreira a pé (2 voltas), 6 quilómetros en bicicleta (3 voltas) e 750 metros de carreira a pé (1 volta), e a categoría cadete 2 quilómetros de carreira a pé (2 voltas), 8 quilómetros en bicicleta (4 voltas) e 1 quilómetro de carreira a pé (1 volta).

A entrega de dorsais será na carpa da organización ao carón dos boxes, que estarán situados xunto coa saída e meta no aparcamento do Supermercado Mercadona, desde 45 minutos antes do comezo da proba e ata 10 minutos antes da saída. A entrega de premios está prevista para as 13:15 horas.

Anuncios