Sin categoría

Nigrán amplía o abastecemento de auga a tres núcleos da contorna da Rúa dos Pazos

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, está a realizar obras de ampliación do abastecemento de auga en Camos, na contorna da Rúa dos Pazos (PO-332). Así, aproveitando a existencia do colector xeral nesta estrada realizaranse tres derivacións na contorna dos barrios de A Tarela e O Carballal para dar continuidade a toda a zona. As obras estarán rematadas na vindeira semana. “Temos o compromiso de achegar o abastecemento a cada casa, xa que o consideramos unha necesidade básica”, insiste o alcalde, Juan González.