Sin categoría

Nigrán acollerá este sábado a Gala do Surf 2019

O Concello de Nigrán acollerá este sábado 8 de febreiro a Gala do Surf 2019, que será celebrada no Auditorio Municipal, a partir das 19:00 horas, e reunirá aos mellores surfistas do pasado ano que competiron no Circuíto Galego de Surf, así coma a aquelas persoas e entidades cunha especial vinculación coa Federación Galega de Surf, autoridades representantes do Concello de Nigrán, da Federación Española de Surfing e do Clube Surf de Viana (Portugal). Unha cita ineludible para as persoas afeccionadas ao surf en Galicia.

Deste xeito, o Concello de Nigrán acollerá este ano o evento, poñendo a disposición da Federación Galega de Surf (FGS) as instalacións do seu Auditorio. Tras a entrega de premios as persoas asistentes poderán desfrutar dunha cata de produtos a cargo da empresa patrocinadora Dairylac, que será amenizada por un DJ local.