Sin categoría

Resultados dispares para os equipos do Laroca na segunda xornada da liga galega de xadrez

O pasado sábado celebrouse a segunda xornada da liga galega de xadrez con resultados dispares para os equipos do Laroca.

Na primeira división o Laroca A perdía no seu desprazamento a Mondariz por 3-1 ante o Xadrez Marcote, punto conseguido pola táboas de Sergio e Chema. Con este resultado sitúase na oitava posición con 3,5 puntos. A vindeira xornada enfrontaranse ao Universitario de Ourense A.

Na segunda división empate do Laroca B no seu encontro ante o equipo de Marín Alaia Estudio de Pilates, puntos conseguidos por Lino e Carlos Groba. Con este resultado sitúanse na quinta posición con 4,5 puntos. A próxima xornada enfrontaranse ao equipo vigués da Once. Nesta mesma categoría o Laroca IES Auga da Laxe gañou por 1,5 a 2,5 no seu desprazamento á Guarda ante o Albatros B, puntos conseguidos polas vitorias de Mauro e Ricardo e as táboas de Ana. Con este resultado sitúase na novena posición con 4 puntos. Na próxima xornada enfrontaranse en Cotros ante o Villa de Bouzas.

Na terceira división o Laroca D gañou no seu desprazamento a Vigo por 0-4 ante o Villa de Bouzas B, puntos conseguidos por Laura, Osian, Hugo Robles e Sebastián. Con este resultado sitúase na terceira posición da clasificación. A próxima xornada enfrontaranse os vigueses do Lucena Talentos. Nesta categoría o Laroca C descansou, e con un só encontro disputado sitúanse cuartos na clasificación. A próxima xornada desprazaranse a Valladares para enfrontarse ao CVC Valladares Monte dos Pozos.