Sin categoría

Podemos Nigrán propón unha iniciativa para a mellora da inclusión nas actividades extraescolares

O Círculo Podemos Nigrán traslada unha proposta ao Concello, a favor da mellora da calidade das actividades extraescolares. Na súa proposta recollen a redacción dunha normativa municipal específica mediante a cal se poida proporcionar aos profesionais das actividades lúdicas e deportivas deste Concello, os recursos, formacións e/ou asesoramento que sexan precisos para que o “Alumnado con Necesidades Educativas Especiais” poida participar sen dificultades, e a posta en marcha de medidas de carácter urxente que permitan paliar as problemáticas que se estean a dar nestes momentos.