Sin categoría

O Vigo-Rías Baixas visita a nova sede da Deputación de Pontevedra na cidade olívica

O Vigo-Rías Baixas interrompeu este martes os adestramentos da súa concentración de pretempada para realizar unha visita moi especial. A Deputación de Pontevedra, un dos principais apoios da estrutura que preside José Luis Chamorro, brindou unha recepción á persoal elite e sub-23 na nova sede da institución provincial na cidade olívica.

O presidente do conxunto flúor, o director deportivo Marcos Serrano e os ciclistas foron recibidos por Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes da Deputación, no edificio situado na Rúa Chao. Ao acto tamén asistiron Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, e Nuria Lameiro, concelleira de Deportes de Gondomar.

José Luis Chamorro sinalou na súa intervención que “é un toda unha honra para o Vigo-Rías Baixas ser o primeiro club deportivo invitado a esta nova sede”. Pola súa banda, Gorka Gómez e Paco Ferreira transmitiron os seus mellores desexos ao equipo para que “siga engadindo éxitos ao seu palmarés e ao do ciclismo pontevedrés” na tempada que está a piques de empezar.

Sobre o arranque do calendario pronunciouse Marcos Serrano, lembrando que os seus pupilos teñen a primeira cita desta campaña para partir do sábado na Volta ao Guadalentín-Región de Murcia. Antes de cruzar a península ibérica para empezar a competir, o Vigo-Rías Baixas continuará ata o venres concentrado nas instalacións do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra e adestrando polas estradas da provincia.