Ferreira reúnese co novo presidente do Club Ciclista Gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto coa concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, recibiron este martes ao novo presidente do Club Ciclista Gondomar, Jose Antonio Alonso. Durante o encontro deu a coñecer os obxectivos desta nova etapa ao fronte do club, así como os proxectos a desenvolver durante o presente ano. Pola súa banda, Paco Ferreira amosou a disposición do seu goberno de seguir colaborando con este histórico club, sempre que sexa posible.

Anuncios