Centos de alumnos de Nigrán participan na X Carreira Solidaria do CPI Arquitecto Palacios

Centos de alumnos de cinco centros educativos de Nigrán participaron esta mañá na XI Carreira Solidaria organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo do Día da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.

Na proba, á que asistiu o alcalde acompañado de varios edís, participaron ademais de alumnos do CPI, o Centro de Educación Especial de Panxón, a Escola Infantil ‘As Dunas’, o CEE Juan María de Parada e o CEIP A Cruz de Camos, todos correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas aos docentes pola organización e aos nenos e os seus padriños pola súa participación imprescindible”, destaca o alcalde, Juan González.