Nove medallas para o Club de Loita Sabarís no Torneo Internacional de Braga

O Club de Loita Sabarís desprazou a dez loitadores ao Torneo Internacional de Braga, conseguindo un total de 9 medallas, 3 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Na categoría de iniciados, Donis Fernández e Yago Rodríguez fixéronse co ouro en 33 kg e 44 kg respectivamente, Pedro Míguez conseguiu a prata en 37 kg e Héctor Friera o bronce en 35 kg. Na categoría absoluta, Anxo Lomba levou a medalla de ouro en 37 kg, Cristian Suárez e Breixo Martínez a prata en 77 kg e 62 kg respectivamente, e Anxo Uzal en 77 kg e David González en 60 kg o bronce. Diego Otero non logrou medalla.

Anuncios