Os círculos de Podemos do Val Miñor anuncian a súa segunda xuntanza aberta

Os círculos de Podemos do Val Miñor celebrarán unha nova xuntanza aberta. A cita terá lugar no Centro Cultural e Recreativo O Torreiro de Priegue o vindeiro mércores 5 de febreiro ás 19:30 horas. Os temas a tratar serán: a situación política xeral, o movemento actual de Podemos en Galicia e as propostas nas que se está a traballar ou recepción de novas inquedanzas da cidadanía asistente. Animan a asistir á veciñanza, para resolver as súas dúbidas e escoitar as formulacións que esta teña en mente. Porque como din “o espazo do cambio está vivo e é grazas a todas as persoas que o facedes posible”.

Anuncios