Baiona aproba o padrón de auga correspondente ao cuarto trimestre de 2019

Por decreto de alcaldía de data 13 de xaneiro de 2020, foron aprobados os padróns fiscais da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga potable, de saneamento e canon de auga do Concello de Baiona, correspondentes ao cuarto trimestre de 2019, quedando aberto o período de exposición ao público por un prazo de quince días hábiles, durante o cal os interesados poderán examinar os padróns aprobados nas oficinas de Gestagua de Baiona, Rúa Laureano Salgado nº 14, BJ, e nas oficinas de recadación do Concello de Baiona.

O prazo voluntario para satisfacer a débeda será ende o día 1 de febreiro ata o 1 de abril. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario e sen máis notificacións nin requirimentos, as débedas non satisfeitas serán esixidas en vía executiva, devengándose os xuros de demora e recargas do período executivo. A falta de pagamento en período voluntario do canon suporá a esixencia do canon de auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

As persoas que non teñan domiciliado os recibos, poderán facelos efectivos a partir do 1 febreiro nas oficinas de Gestagua, en Baiona, Rúa Laureano Salgado nº 14, Bj, de 9:00 a 13:30 horas.