Primeiro Torneo “Concello de Nigrán e-Sports” de League of Legends

O próximo 1 de febreiro xogarase o Primeiro Torneo “Concello de Nigrán e-Sports” de League of Legends no Random Gaming Bar situado en Manuel Lemos 34 local 31. As inscricións estarán abertas ata o día 30 de xaneiro, a modalidade do xogo será a Greta do Invocador formato A Cegas.

Os premios serán distribuídos da seguinte forma. Para o equipo gañador 1 copa, 5 camisetas do equipo profesional da Liga Orange “Heretics”, o segundo premio serán 5 tarxetas valoradas en 10€ de League of Legends e o terceiro premio será o libro “A mentalidade en League of Legends: Actitude e xestión emocional para converterse en Gañador”.

O formato de xogo será modo liguiña, a liguiña será a partido único. Xogaranse oitavos, cuartos, semifinais e final todas elas a 3 partidas excepto a final que será ao mellor de 5. Dependendo do número de equipos. Nas semifinais, os equipos eliminados xogarán entre eles a 3 partidas polo terceiro e cuarto posto.

Os equipos eliminados na liguiña xogarán unha clasificatoria a partida única para xogar contra o gañador da semifinal e optar así ao terceiro posto. Preténdese que o campionato dure todo o mes de febreiro, pero é posible que debido ao número de equipos termínese antes.

Anuncios