Os “Depoemprendedores” do Cova Terreña aprenden a facer xoias

O alumnado de 6º de Primaria do CPI de Cova Terreña de Baiona que está desenvolvendo o proxecto “Depoemprende na Escola”, da Deputación de Pontevedra, recibiu este luns un obradoiro de xoiería. O director da Escola de Xoiería Atlántico e tres dos seus estudantes foron os encargados de impartilo, para que os socios e socias da cooperativa “Aloumiños de papel” aprendan a elaborar produtos para, posteriormente, vendelos nun mercado local. Os 19 alumnos e alumnas aprenderon a técnica para facer varias xoias como pulseiras e aneis, sendo a primeira de varias sesións ás que van asistir.

Pola mañá tiveron na aula a visita do alcalde, Carlos Gómez, e da concelleira de Cultura, Miriam Costas. Foron a coñecelos xa que a cooperativa púxose en contacto co Concello para presentarse e tamén para solicitar un posto no Real Mercado da Arribada. Elaboran produtos empregando materiais ecolóxicos e sostibles. Sempre q poden “reutilizan/reciclan” material. O 60% dos beneficios serán para dúas ONGs, a protectora de animais Bai.Senpulgas e Ayuda al Mundo Necesitado de Baiona, a partes iguais. O 40% restante utilizarano para unha actividade conxunta de fin de curso.

Anuncios