Exposición “Premios María Josefa Wonenburger Planells” no CPI de Cova Terreña

O CPI de Cova Terreña de Baiona acollerá a inauguración da exposición “Premios María Josefa Wonenburger Planells”,o vindeiro 22 de xaneiro ás 11:30 da mañá no salón de actos do centro. Contarán coa presenza da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella. Á exposición asistirá o alumnado de 3º e 4º ESO así como outras mulleres científicas. A exposición estará dispoñible a toda a comunidade educativa do 22 ao 29 de xaneiro no salón de actos do centro.

Anuncios