Máis de 630 inscritos no XXI Cros Escolar do Val Miñor

Este domingo día 19 de xaneiro, a partir das 10:45 da mañá, celebrarase no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, a XXI edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatoria para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Está organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona coa colaboración da Sociedade Atlética Val Miñor, englobado dentro do programa de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

O número de participantes inscritos para esta edición alcanzou a cifra de 636 escolares repartidos entre as categorías Chupetes, Pre Benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. A organización entregará a todos os seus participantes avituallamento grazas a Agua Sana e Froiz como compensación ao esforzo realizado. Ademais contan coa colaboración de Protección Civil Val Miñor, Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, Peña Moteros Val Miñor, Sociedade Atlética Val Miñor e as Concellerías de Medio Ambiente e Vías e Obras do Concello de Baiona.

2020-01-16 -001

Anuncios