Grandes festas de San Sebastián en Mañufe

O barrio do Portelo, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Sebastián. O venres 17 de xaneiro a verbena estará amenizada desde as 21:00 horas pola orquestra Oca Band e o trío Mar de Arousa. O sábado 18 desde as 16:00 horas haberá inchables para os máis pequenos e ás 17:00 horas terán lugar as grandes “poxas” de San Sebastián. Pola noite, ás 21:00 horas, a orquestra Compostela e o trío 3.com amenizarán a verbena. Ás 00:00 horas haberá chocolate e queimada gratis. O luns 20 ás 11:00 da mañá a charanga Noroeste ofrecerá un pasarrúas, e ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión, acompañada pola mesma charanga, que ofrecerá un concerto ao finalizar. O recinto estará cuberto cunha carpa.

Anuncios