Domingo de futsal no municipal de Baiona

O Baíña Fútbol sala recibe ao líder. Este domingo a partir das 17:45 o equipo baionés que milita na Terceira Nacional recibe ao Vilalba que lidera a clasificación da competitiva liga nacional. O Baíña está a facer unha gran campaña e están a cumprir sobradamente o obxectivo de competir na terceira, suman 15 puntos e esperan dar a sorpresa ante o líder. Ás 16:30 xogará o cadete feminino de liga galega que recibe ao Arealonga de Chapela.

Anuncios