Charla formativa para as familias sobre a seguridade nas redes no CPI Cova Terreña

O xoves 16 de xaneiro o CPI Cova Terreña de Baiona ofrecerá unha charla formativa para as familias no salón de actos do centro, ás 17:00 horas, a cargo de José Eugenio Torres Meiras, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil e un dos maiores expertos en cibercrime do país. Esta formación, que levará por título “A seguridade nas Redes”, organízase en colaboración coa ANPA e o CFR de Vigo. Ademais a ANPA ofrecerá un servizo de gardería gratuíto no comedor escolar.

Anuncios