O Instituto da Muller adxudica a Baiona o programa “Emprégate dende a Igualdade”

Baiona está de parabén. O Instituto da Muller e pola Igualdade acaba de adxudicarlle o programa “Emprégate dende a Igualdade”, cuxos obxectivos son incrementar a empregabilidade das mulleres a través da cualificación para o emprego; promover unha maior participación social; e fomentar a autonomía persoal e económica.

O programa consiste no desenvolvemento dun itinerario persoalizado que se compón de varias fases: motivación, información e orientación, formación e procura de emprego. O programa terá unha duración de 8 meses aproximadamente, e axudará a mellorar a empregabilidade das baionesas. Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona irán ampliando a información.