Baiona instala mobiliario urbano no parque infantil de Fontes

O Concello de Baiona recibiu a doazón, por resolución presidencial da Deputación de Pontevedra do 11 de marzo de 2019, de dúas unidades de bancos, unha papeleira grande e unha papeleira pequena para a súa instalación na contorna do parque infantil situado no Camiño das Chans, no barrio de Fontes (Baíña). Esta acción enmárcase dentro do proxecto “Reparto do material ó abeiro do programa de mellora de espazos públicos durante o exercicio 2018”, de xeito que se consegue un espazo de lecer e esparexemento e contribúe á mellora e limpeza do dito espazo.

Anuncios