Inscricións abertas para participar no I Dúatlon Popular de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Dúatlon en Porto do Molle.

O Club Tríatlon Mar de Vigo organiza o próximo domingo 19 de xaneiro o I Dúatlon Popular en Porto do Molle (Nigrán). Ás 11:00 da mañá será a saída masculina, e ás 11:10 a feminina, cunha distancia sprint de 5 quilómetros de carreira a pé (2 voltas), 20 quilómetros en bicicleta (4 voltas) e outros 2,5 quilómetros de carreira a pé (1 volta). Participarán as categorías absoluta, cadete, júnior, sub-23 e veterano 1, 2 e 3.

As inscricións poderán realizarse ata o martes 14 de xaneiro, cun prezo de 15 euros, gratuíta para os cadetes. A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV. A recollida de dorsais será na carpa da organización de 9:30 a 10:45 horas.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.

Anuncios