Os Reis Magos visitan o Hospital Álvaro Cunqueiro

As Súas Maxestades, os Reis Magos, visitaron esta mañá, como vén sendo tradicional, aos nenos e nenas que están ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Repartiron agasallos nas plantas de Pediatría, e deixaron algúns máis para os pequenos pacientes ingresados na UCI pediátrica. Ao final do seu percorrido, visitaron tamén aos nenos e nenas que estaban en Urxencias Pediátricas e repartiron caramelos a familiares e persoal de garda.

Anuncios