Sin categoría

O martes comezarán os traballos de asfaltado na Avda. de Sabarís

O Concello de Baiona informou este venres que o vindeiro martes, día 7 de xaneiro, comezarán os traballos de asfaltado na Avda. de Sabarís. As obras, adxudicadas á empresa Marconsa por importe de 340.000 euros e financiadas pola Deputación de Pontevedra, consisten na adaptación dos pasos de peóns á normativa actual de accesibilidade, a incorporación dun novo paso de peóns sobre elevado, melloras na iluminación xeral substituíndo as lámpadas existentes por outras de tecnoloxía LED, o reforzo na iluminación dos pasos de peóns, a rehabilitación xeral do firme, a incorporación de cinco marquesiñas nas paradas de autobús existentes e a sinalización completa da calzada.