O Cereixa xógase a súa continuidade na Copa Galicia ante o Santiago Futsal

Mañá sábado, 4 de xaneiro, será un día grande para todo o fútbol sala miñorano, xa que visita Gondomar o todopoderoso Santiago Futsal para enfrontarse aos locais do Coperfi Cereixa Gondomar FS en cuartos de final da Copa Galicia. A hora do partido será ás 17:00 horas.

Os de Vincios contan co apoio dos afeccionados que seguro encherán o pavillón municipal. Durante a xornada aproveitarase para sortear algúns obsequios e material deportivo como unha camiseta facilitada polos rivais en toda unha demostración de xogo limpo e empatía deportiva.