O Nadal entra na súa recta final pero aínda queda moito que facer en Gondomar. Este venres 3 de xaneiro a Concellería de Cultura organiza unha festa pensada para os nenos e as nenas. A partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes Bernabé Costas haberá obradoiros de galletas para deixar na noite de Reis aos Camelos, confección de cartas para as súas Maxestades de Oriente (por se hai algún ou algunha que aínda non a mandou), e moita animación.
Festa infantil de Nadal no Pavillón de Gondomar

