Yisela, primeira bebé que naceu no Álvaro Cunqueiro no novo ano

Yisela é o nome da primeira bebé que naceu no Hospital Álvaro Cunqueiro no ano que vimos de estrear. Naceu de parto natural ás 1:11 horas do día 1 de xaneiro e pesou 3,670 quilos. Tanto a nai como a súa filla atópanse en bo estado e permanecen ingresadas na planta de Obstetricia do complexo hospitalario. Os pais residen en Tui. Yisela ten unha irmá maior, de 9 anos, que foi quen escolleu o nome da bebé.

Urxencias

Doutra banda, o servizo de Urxencias do CHUVI atendeu a pasada madrugada 12 intoxicacións, a maioría etílicas. Tamén tiveron que ser atendidas dúas persoas de mediana idade que se viron afectadas pola explosión de petardos, así como unha parella que sufriu un accidente de tráfico.