Sin categoría

Nigrán inicia o proceso selectivo para cubrir unha praza de Técnico de Deportes

Nigrán levará a cabo un proceso de selección para contratar a un Técnico de Deportes tras saír publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Ademais crearase unha bolsa para cubrir as posibles ausencias que puidesen xurdir da persoa seleccionada. Trátase dunha contratación baixo o réxime de oposición libre e con carácter de persoal laboral fixo. Tanto as bases como a convocatoria están ao dispor dos interesados na sede electrónica do Concello de Nigrán, e o prazo de presentación de ofertas será de 20 días naturais desde a súa publicación no BOE. Para poder optar o posto os aspirantes deberán ter a Licenciatura ou Grao en Ciencias de Actividade Física e do Deporte ou equivalente ademais de ser posuidor do carné de conducir B. As probas consistirán nun exercicio teórico, outro práctico e o último, eliminatorio, sobre coñecementos do galego, quedando exentos os posuidores do Celga 4.