A atleta baionesa Ainhoa Reparaz, a unha décima do récord galego

A atleta baionesa de 14 anos Ainhoa Reparaz, da Sociedade Atlética Val Miñor, conseguiu este domingo unha marca de 7,96 no II Control en Pista Cuberta celebrado en Ourense, facendo unha espectacular carreira de 60 metros e situándose a unha décima do récord galego. Ademais, o pasado sábado 14 de decembro conseguiu en Balaídos a marca mínima que lle dá o pase ao Campionato de España. “Queremos darlle o parabén para ela e para o seu adestrador Óscar, que está moi contento do mesmo xeito que todo o club que lle mandamos un súper bico e abrazo. Ainhoa es unha supercrak”, sinalan desde a Sociedade Atlética Val Miñor.