Nigrán ofrece o domingo o concerto “A Voar” de Ce Orquestra Pantasma

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este domingo 29 de decembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal o concerto de Ce Orquestra Pantasma “A voar”.

“A Voar” conta ao ritmo da música a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de a nosa vida mellorar.

“A Voar” pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre, así pois, nenos e nenas… a voar!!