Desaloxado un edificio en Nigrán por unha fuga nunha bombona

Esta mañá, sobre as 11:30 horas, os veciños dun edificio da rúa de Rans, en Nigrán, foron desaloxados das súas vivendas ao detectarse unha fuga de gas nunha bombona. Foi un dos veciños quen alertou ao 112 Galicia. Indicaba que había un cheiro a gas no portal.

Ata o lugar desprazáronse decontado os membros do GES de Val Miñor, tras ser alertados polo 112 Galicia e, nada mais chegar, comprobaron que efectivamente había unha fuga na bombona, posiblemente debido a unha mala conexión. Tras detectar e arranxar a avaría, ventilaron a zona e os veciños puideron volver ás súas vivendas con total normalidade.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén foron informados do suceso, por si fose necesaria a súa intervención, así como, o persoal da empresa subministradora do gas.

Anuncios