Pasarrúas da Rondalla de Chaín por Baiona e Gondomar

A Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín ofrecerá este sábado día 28 de decembro senllos pasarrúas por Baiona e Gondomar. Ás 16:30 horas percorrerá as principais rúas da vila mariñeira, con concertos nas Praza de Pedro de Castro e do Concello. Ás 18:00 horas comezarán o seu desfile polas rúas da vila condal, con concertos nas Prazas da Paradela e da Alameda.

Anuncios