Sin categoría

Partido solidario de fútbol sala en Baiona para recoller alimentos e xoguetes

O Club Atletismo Baiona organiza coa colaboración do Concello de Baiona un partido solidario de fútbol sala. O encontro disputarase entre o Club de Atletismo de Baiona e a Corporación Municipal este domingo 29 de decembro, ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Nel farase unha recollida de alimentos e xoguetes para todo aquel que queira colaborar en favor da ONG Ayuda al Mundo Necesitado.