Festa infantil no Auditorio de Gondomar

Marchou Papá Noel pero en Gondomar os cativos e cativas seguen a ser protagonistas do programa de actividades de Nadal. Hoxe desde as 17:00 ata as 20:00 horas festa, música e moita diversión no Auditorio Municipal Lois Tobío con “O Nadal de Cristian”. De 17:00 a 18:30 haberá globoflexia, maquillaxe fantasía e manualidades recicladas. De 18:30 a 19:30 o Mago Marco ofrecerá o seu espectáculo “El mundo de la magia”. E de 19:20 a 20:00 horas, disco infantil.