A Chocolatada de Nadal de Baredo, en directo na TVG

As cámaras do programa “Fun polo Aire” da Televisión de Galicia estarán esta tarde en Baredo para retransmitir en directo a Chocolatada de Nadal organizada no adro da Igrexa polo Concello de Baiona. Ademais, desde as 17:00 ata as 19:00 horas haberá obradoiros infantís e visita do Carteiro Real.