Dous vehículos chocaron na mañá deste mércores na rotonda da Ramallosa. Un dos turismos implicados terminou sobre un muro situado no acceso desde Nigrán á ponte románica, xusto ao comezo da Avenida de Portugal. O suceso produciuse ao redor das 12:00 do mediodía, sen feridos. Ata o lugar desprazouse a Policía Local de Nigrán.
Un turismo termina sobre un muro tras unha colisión na Ramallosa

