Desde os círculos de Podemos Nigrán e Podemos Baiona lanzan unha mensaxe clara e contundente para a concienciación da veciñanza contra os abusos e agresións que poden ocorrer nestas festividades. E rematan facendo un chamado a participar no #AsNoitesSonNosas, que consiste en subir unha foto ou texto persoal relacionado coa temática, para visibilizar un desexo común, unhas noites libres, seguras e feministas, onde todos e todas poidan desfrutar sen medo.
O vídeo di o seguinte:
“Con motivo destas datas, queremos recordarvos algo fundamental sobre a violencia contra as mulleres.
Os abusos e violacións, son unha problemática real que poden suceder na contorna. Especialmente estes días do ano.
Por iso, desde Podemos Nigrán e Baiona. Posicionámonos totalmente en contra destas prácticas e calquera outro tipo de violencia contra a muller, que por desgraza vemos todos os días na prensa.
Por isto, queremos recordarvos:
Que non é non.
So si é si.
E a ausencia de si, pode ser que non.
O feminismo non entende de xénero nin idade.
Así que se ti tamén estás en contra disto. Súmate ao #AsNoitesSonNosas. Felices festas!”

