Nigrán ofrece o desfile da Rondalla de Parada a tarde de Noiteboa

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis dentro da súa programación de Nadal o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de Parada, do Centro Cultural Parada do Miñor, a tarde de Noiteboa. A agrupación comezará a súa actuación ás 16:00 horas polas rúas do centro de Nigrán, continuando por Panxón, Lourido/Praia América e rematar na Ramallosa sobre as 19:00 horas. A Rondalla será a protagonista do día 28 no “I Certame de Rondallas de Nigrán”, onde desfilará desde as 12:00 horas na Ramallosa xunto á de Chaín (Gondomar) e Beade (Vigo).

Anuncios