I Bimbi Appassionati pecha o III Ciclo de Concertos de Nadal na Igrexa de Sabarís

I Bimbi Appassionati de Vigo pecha este sábado 21 de decembro o III Ciclo de Concertos de Nadal na Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa. Organizado pola Asociación Cultural ValVal de Sabarís contando coa inestimable axuda da Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, comezará ás 19:45 horas.